5/1/16

CONCELLO DE ENTRIMO. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 3 do 5 de xaneiro de 2016 o Concello de Entrimo publica a convocatoria para a contratación laboral temporal de tres auxiliares de axuda no fogar (xornada a tempo completo).

Sistema de selección: concurso de méritos.

Prazo de presentación de instancias: 5 días naturais contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio
no BOP. Polo que este prazo remata o luns 11 de xaneiro de 2016.

Exposición das bases: o texto completo das bases de selección están publicadas no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello.

Teléfono do Concello de Entrimo: 988 434 666

No hay comentarios:

Publicar un comentario