4/1/16

CONCELLO DE CASTRO CALDELAS. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 2 do 4 de xaneiro de 2016 o Concello de Castro Caldelas publica a convocatoria para a contratación laboral temporal de oito auxiliares para o posto do servizo de axuda no fogar

Titulación exixida: Certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio; certificado de profesionalidade de Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais; título de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería; título de Técnico en atención a persoas en situación de dependencia; título de Técnico de Atención Sociosanitaria.

Procedemento selectivo: concurso de méritos. Valorase a experiencia profesional, a formación, coñecemento de lingua galega, estar en posesión de carnet de conducir e empadronamiento no Concello de Castro Caldelas.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles dende o día seguinte á publicación deste anuncio. Polo que este prazo remata o luns 11 de xaneiro de 2015.

As persoas interesadas poden descargar ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario