27/11/15

CONCELLO DE O BARCO DE VALDEORRAS. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 272 do 26 de novembro de 2015, o Concello de O Barco de Valdeorras publicou as Bases de selección para a formación de bolsa de traballo para auxiliar de axuda no fogar para posibles coberturas temporais.

Titulación exixida: Formación profesional de grao medio de Técnico en Atención a Persoas en Situación de Dependencia ou equivalente ou estar en posesión do certificado de Profesionalidade de Atención Sociosanitaria a Persoas no domicilio ou equivalente.

Requisito, entre outros: Estar en posesión do permiso de conducir en vigor clase B e dispoñibilidade de coche.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria e das bases no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, polo que este prazo remata o 4 de decembro de 2015.


No hay comentarios:

Publicar un comentario