26/11/15

CONCELLO DE COSPEITO. Administrativo

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 272 do 26 de novembro de 2015, o Concello de Cospeito publica o anuncio polo que se aproban as bases para a selección dun funcionario interino grupo C, subgrupo C1, escala: administración xeral, subescala: administrativo.

Titulación exixida: Bacherelato superior, FP de 2º grao ou equivalente.

Sistema selectivo: concurso-oposición. Na fase se concurso valorase a titulación académica, a formación profesional, a experiencia profesional e a superación de probas selectivas

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio deste proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o luns 7 de decembro de 2015

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario