12/8/15

CONCELLO DE O CARBALLIÑO. Orientación Laboral.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 184 do 12 de agosto de 2015, o Concello de O Carballiño publica a convocatoria para a contratación como persoal laboral temporal de 1 técnico de orientación laboral para a prestación do servizo de información, orientación e prospección de emprego.

Titulación esixida: Licenciatura universitaria, arquitectura, enxeñeiría ou grao, ou título universitario de enxeñeiría técnica, diplomatura universitaria, arquitectura técnico ou grao.

Sistema selectivo: concurso de méritos. (Titulación académica, formación complementaria, experiencia profesional e coñecementos de idioma galego)

Taxas: 16,20 euros.

O prazo de presentación de instancias para a participación no proceso de selección por concurso de méritos será de 5 días hábiles, a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Este prazo remata o 19 de agosto de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario