14/6/15

CONCELLO DE MUIÑOS. Brigada Incendios e Brigada Medioambiental

O Concelllo de Muiños publicou no Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 134 do 13 de xuño de 2015 as seguintes convocatorias:

Bases para a selección e contratación de dez traballadores para a formación de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios, persoal laboral temporal.

Número de prazas ofertadas: 2 Xefes de Brigada; 2 Peóns conductores e 6 Peóns de Brigada.

Bases para a selección e contratación de 4 peóns para brigada medioambiental, persoal laboral temporal.

Número de prazas ofertadas: 4 Peóns.

O prazo de presentación de solicitudes para ambas convocatorias é de 5 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, xa que logo o prazo remata o xoves 18 de xuño de 2015.
 
As bases completas están a disposición das persoas interesadas nas dependencias do Concello de Muiños.

Tlf.: 988 45 64 03
Fax.: 988 45 64 80
correo-e: concello.muinos@eidolocal.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario