13/6/15

DEPUTACIÓN DE LUGO. Vixilantes de museos.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 133 do 12 de xuño de 2015, a Deputación Provincial de Lugo publica a convocatoria e as bases polas que se rexerán a selección de persoal para integrar a listaxe de persoal para desenvolver funcións de Vixilantes da Rede Museística provincial para cubrir situacións de necesidade de substitución transitoria do persoal permanente (funcionarios interinos).

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Non se esixe titulación académica.

Taxa: 15 euros ou 3,75 si se presenta certificación do Servizo Público de Emprego que acredite a condición de desempregado e de non percibir prestación de desemprego na súa modalidade contributiva.

As bases xerais para as convocatorias de persoal interino da Deputación Provincial de Lugo foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 21 do 27 de xaneiro de 2015.

O prazo de presentación de solicitudes de participación, será de 10 días naturais contados dende o día seguinte da publicación desta convocatoria no BOP, polo que este prazo remata o 22 de xuño de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario