15/6/15

CONCELLO DE A PORQUEIRA. Brigada Incendios Forestais.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 135 do 15 de xuño de 2015, o Concello de A Porqueira publica a convocatoria para a contratación laboral temporal de 2 xefes de brigada, 2 peóns condutores e 6 peóns de brigada para a defensa contra incendios forestais.

 Sistema de selección: concurso.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles seguintes ao de publicación do anuncio de convocatoria no BOP. Por tanto este prazo remata o sábado 20 de xuño de 2015.

En horario de oficina as persoas interesadas poderan consultar as bases no concello.

Concello de A Porqueira
Estr. de Xinzo-Bande, 4 - Forxa - 32643 Porqueira
Teléfono: 988 466 102
Fax: 988 466 232

No hay comentarios:

Publicar un comentario