19/5/15

CONCELLO DE REDONDELA. Técnico de Xestión

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 93 do 19 de maio de 2015, o Concello de Redondela publica a convocatoria para a selección de persoal funcionario interino, para crear unha bolsa de traballo de técnico de Xestión de Administración xeral (área económica) a efectos de substituír as posibles baixas, vacacións, permisos, licenzas ou calquera suposto de nomeamento como funcionario interino.

Titulación esixida:  Diplomatura ou de grao en dereito, en ciencias políticas, económicas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario, ou equivalente.

Sistema de acceso: concurso-oposición. A fase de oposición consistira na realización dunha única proba, por escrito, dun ou varios supostos teórico-prácticos a determinar polo tribunal, en relación coas materias que figuran no Anexo das bases.

Prazo de presentación de solicitudes:  8 días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación da convocatoria, por tanto este prazo remata o 28 de maio de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario