18/5/15

CONCELLO DE MONDOÑEDO. Axente Turismo e Brigada Espazos Naturais

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 111 do 18 de maio de 2015, o Concello de Mondoñedo publica as seguintes convocatorias de precesos selectivos:

Selección e posterior contratación de carácter laboral temporal a tempo completo, mediante un contrato eventual por circunstancias da producción, dun emprego de Axente de Desenvolvemento Turístico ata o 30 de setembro de 2015.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Titulación esixida: Grao ou Diplomatura en Turismo ou equivalente homologado.

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación do presente anuncio da convocatoria no BOP, o dito prazo remata o 26 de maio de 2015.


Proceso de selección para contratar, mediante contrato laboral temporal, unha Brigada de Protección e Mantemento de Espazos Naturais.

Postos que se contratarán:

1 condutor responsable. Titulación esixida: Grao en ESO ou equivalente homologado.

Requisito, entre outros: permiso de conducir B

2 peóns de brigada. Titulación esixida: Grao en ESO ou equivalente homologado.

Prazo de presentación de solicitudes 10 días naturais, desde o seguinte á publicación do presente anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Polo tanto este prazo remata o 28 de maio de 2015.


As bases de ambas convocatorias poden consultarse nas Dependencias Municipais en horario de 09 a 14 h. de luns a venres

Concello de Mondoñedo
Praza Concello, 1, 27740
Teléfono:982 50 77 18

No hay comentarios:

Publicar un comentario