20/5/15

CONCELLO DE REDONDELA. Técnico Admón. Xeral

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 94 do 20 de maio de 2015, o Concello de Redondela publica a convocatoria para a selección de persoal funcionario interino, para crear unha bolsa de traballo extraordinaria para o posto de Técnico de Administración Xeral para os efectos de substituír as posibles baixas, vacacións, permisos, licenzas ou calquera suposto de nomeamento como funcionario interino.

Titulación esixida: licenciatura en dereito, en ciencias políticas, económicas ou empresariais, intendente mercantil ou actuario, ou equivalente.

Sistema de selección: concurso-oposición. A fase de oposición consistirá dunha única proba por escrito, dun ou varios supostos teórico-prácticos a determinar polo tribunal, en relación coas materias que figuran no Anexo que indica a convocactoria.

Prazo de presentación de solicitudes: 8 días hábiles, a contar dende o día seguinte da publicación da convocatoria. Xa que logo este prazo remata o 29 de maio de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario