13/2/15

CONCELLO DE ARTEIXO. Servicio de Augas

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 30 do 13 de febreiro de 2015, o Concello de Arteixo publica as seguintes convocatorias:

Convocatoria e bases do proceso de selección dunha praza de enxeñeiro/a do Servizo de Augas (persoal funcionario interino).

Titulación esixida: Enxeñeiría Superior de Camiños, canais e portos ou titulación universitaria equivalente (grao universitario equivalente mais formación postgrao/Master na especialidade de xestión de augas)

 Taxas: 35´50 € 


Convocatoria e bases do proceso de selección de dúas prazas de operarios do Servizo de Augas (persoal laboral temporal).

Titulación esixida: Graduado escolar ou titulación equivalente.

Requisito, entre outros: Estar en posesión do carné de conducir tipo B1.

Taxas: 9,04 € 


Sistema de selección para ambos procedementos: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio de convocatoria nun diario dos de maior tirada provincial, toda vez se teñan publicadas a convocatoria no BOP e as bases no taboleiro de edictos da Corporación, así como comprementariamente na web municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario