12/2/15

CONCELLO DE VILAR DE SANTOS. Aux. Axuda no Fogar

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 35 do 12 de febreiro de 2015, o Concello de Vilar de Santos publica a convocatoria para a contratación laboral temporal para obra ou servizo determinado de 4 prazas de auxiliar de axuda no fogar (a tempo parcial).

Titulación esixida: Titulo de FP de grao medio en atención sociosanitaria ou equivalente, ou certificación de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas a domicilio ou equivalente, ou ter acreditada experiencia laboral no servicio de axuda no fogar por un período mínimo de 6 meses.

Requisitos, entre outros: Posuir permiso de conducir tipo B e ter disponibilidade de vehículo.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Prazo para a presentación de solicitudes: 5 días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, polo que este prazo remata o martes 17 de febreiro de 2015.

Podes acceder ás bases completas

No hay comentarios:

Publicar un comentario