14/2/15

CONCELLO DE AMOEIRO. Peón e Condutor de tractor.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 36 do 13 de febreiro de 2015, o Concello de Amoeiro publicou as seguintes convocatorias para a contratación laboral temporal para obra ou servicio determinado:

- 1 praza de peón para o servizo de abastecemento de auga.

- 1 praza de condutor de tractor- rozadora para a Campaña de Prevención de Incendios Forestais 2015.

As bases completas destas dúas convocatorias están a disposición das persoas interesadas na oficinas do Concello de Amoeiro.

Prazo de presentación de solicitudes para ambas convocatorias: 8 días naturais, polo que este prazo remata o sábado 21 de febreiro de 2015.

CONCELLO DE AMOEIRO
Bazacos, 8 - 32170
Teléfono: 988 281 000
Fax: 988 279 988
correo-e: concello.amoeiro@eidolocal.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario