31/1/15

DEPUTACIÓN DE LUGO. Programa Fomento do Emprego.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 25 do 31 de xaneiro de 2015, a Deputación Provincial de Lugo publica as bases pola que se rexerá a selección de persoal, funcionario interino, con cargo ao Programa de Fomento do Emprego e a Economía dos Sector Estratéxicos da Provincia de Lugo, para desempeñar os seguintes postos de traballo:


2 Coordinadores, Subgrupo A1. Titulación esixida: Titulo de Licenciatura, de grao ou equivalente
3 Xestores de programas, Subgrupo A2. Titulación esixida: Diplomatura ou equivalente. 
4 Xestores Administrativos, Subgrupo C1. Titulación esixida: Bacharelato, FP II ou Ciclo Formativo de Grado Medio ou equivalente.
4 Persoal de apoio, Subgrupo C2.  Titulación esixida: ESO, Graduado escolar, FPI ou equivalente.

Sistema de selección: concurso-oposición (inclue entrevista)

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días, a contar dende o día seguinte da publicación destas bases no BOP. Este prazo remata o 12 de febreiro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario