4/2/15

CONCELLO DE MONTERROSO. Coidador de Vivenda Comunitaria

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 28 do 4 de febreiro de 2015, o Concello de Monterroso publicou o seguinte anuncio:

Concurso para a selección de persoal laboral para ocupar, con carácter laboral temporal, un posto de coidador de Vivenda Comunitaria da Terceira Idade Esporiz II

Requisito, entre outros: Curso homologado de SAF ou de Auxiliar de Enfermería.

Lugar e prazo de presentación de instancias: No Rexistro Xeral do Concello de Monterroso, no prazo de 6 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo. O dito prazo remata o martes 10 de febreiro de 2015.

Requisitos: Os establecidos nas bases de convocatoria

Sistema de selección: Concurso-oposición, segundo o establecido nas bases que se encontran a disposición na Secretaría do Concello e na web www.monterroso.es, con realización dunha entrevista curricular e proba práctica. 


Concello de Monterroso
Praza de Galicia s/n
correo-e: concello.monterroso@eidolocal.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario