30/1/15

CONCELLO DE GONDOMAR. Auxiliares Administrativos.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 20 do 30 de xaneiro de 2015, o Concello de Gondomar publica as bases específicas reguladoras do procedemento selectivo, para a elaboración dunha bolsa de traballo para a prestación de servicios temporais como Auxiliar Administrativo da Administración Xeral.

Titulación esixida: Graduado Escolar, Formación Profesional de 1º Grao, Ciclo Formativo de Grao Medio ou equivalente.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, contados a partir do  día seguinte á publicación do correspondente anuncio da convocatoria no B.O.P; o dito prazo remata o luns 9 de febreiro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario