25/8/14

CONCELLO DE BUEU. Monitores Deportivos.

O Instituto Municipal de Deportes do Concello de Bueu publica no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 162 do 25 de agosto de 2014 o seguinte anuncio:

O Concello de Bueu convoca 3 prazas para a contratación laboral temporal de monitores deportivos durante 9 meses para o Instituto Municipal de Deportes.

As bases do proceso selectivo poderán consultarse no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.concellodebueu.org).

O prazo de presentación das solicitudes é de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio, polo que este prazo remata o sábado 30 de agosto de 2014.

Titulación esixida: Técnico Superior en Animación de actividades físico e deportivas ou equivalente.

Sistema de contratación: exame tipo test.

Concello de Bueu
Eduardo Vincenti, 8
36930 Bueu (Pontevedra)
Telf. 986 390 029

No hay comentarios:

Publicar un comentario