24/8/14

CONCELLO DE MONDOÑEDO. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 193 do 23 de agosto de 2014, o Concello de Mondoñedo publica as Bases que rexerán a selección de persoal laboral temporal para a formación dunha Bolsa de Emprego na categoría de Auxiliar de Axuda no Fogar.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Requisitos, entre outros: permiso de conducir clase B e dispor de vehículo.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais dende o día seguinte ao da publicación do anuncio do presente concurso no Boletín Oficial da Provincia, xa que logo este prazo remata o 2 de setembro de 2014.

As bases do presente procedemento pódense consultar nas Dependencias Municipais de luns a venres de 9 a 14 horas durante o prazo de presentación de instancias.

Plaza do Concello N° 1 – 27740 Mondoñedo - Lugo
Teléfono: 982 524 003 
E-mail: concellodemondonedo@yahoo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario