26/8/14

CONCELLO DE OURENSE. Técnicos Auxiliares de Turismo

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 195 do 26 de agosto de 2014, o Concello de Ourense publica a convocatoria e bases específicas para a confección da lista de técnicos auxiliares de turismo para eventuais nomeamentos interinos.

Titulación esixida: Estar en posesión do título de formación profesional II de Turismo ou equivalente.

Consideraranse como títulos válidos para o acceso ao dito posto os seguintes: diploma do en Empresas e Actividades Turísticas, diplomado en Turismo, postgraduado en Dirección e Planificación de Turismo, ciclo superior de Información e Comercialización Turísticas e licenciado en Ciencias da Información.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

O prazo de presentación de instancias será de 10 días hábiles desde a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense; prazo que remata o sábado 6 de setembro de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario