2/5/14

CONCELLO DE AMES. Bolsa de traballo para Escolas Infantís

O Concello de Ames publicou na prensa e na súa web a convocatoria dun proceso selectivo para a creación dunha bolsa de traballo de Mestres das Escolas Infantís Municipais.

Titulación esixida: Mestre en Educación Infantil ou equivalente, licenciatura en Pedagoxía, Psicopedagoxía ou equivalente.

Sistema selectivo: concurso-oposición.

Dereitos de exame: 26,91 euros

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles dende a publicación deste anunico na web e en diarios de maior tirada. Este prazo remata o mércores 7 de maio de 2014.

A documentación para presentar nesta convocatoria a tedes disponible na web do Concello.

Tamén podedes descargar as bases completas.

Concello de Ames
Praza do Concello, 2, Bertamiráns.
Tel: 981 883 002
atencioncidada@concellodeames.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario