19/4/14

CONCELLO DE RIBADEO. Bolsa de emprego Oficial 2ª albanel

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 89 do 19 de abril de 2014, o Concello de Ribadeo publica as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego para o posto de traballo de Oficial 2ª Alabanel para o servicio de obras.

Titulación esixida: Estar en posesión do certificado de escolaridade, de estudios primarios, Graduado Escolar, Graduado en ESO ou calquera titulación equivalente ou superior.

Requisito, entre outros: carnet de conducir da clase B1.

O sistema de selección será: Concurso e probas (teórica e práctica)

Prazo de presentación de solicitudes: 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases coa convocatoria deste procedemento no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Polo que este prazo remata o 8 de maio de 2014.


No hay comentarios:

Publicar un comentario