21/4/14

CONCELLO DE RIBEIRA. Técnicos Información Turística.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 74 do 21 de abril de 2014, o Concello de Ribeira publica a Convocatoria do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de tres técnicos/as para a atención das oficinas municipais de información turística.

Titulación esixida: técnico superior en información e comercialización turística, técnico superior en guía, información e asistencia turística ou técnico en empresas e actividades turística.

Sistema de contratación: oposición.

Dereitos de exame: 16,23 euros.

Duración do contrato: desde o 15 de xuño ata o 14 de setembro, ambos inclusive.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 2 de maio de 2014.

No hay comentarios:

Publicar un comentario