16/4/14

CONCELLO DE CARBALLO. Aux. Policía Local.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 72 do 15 de abril de 2014, o Concello de Carballo publica as Bases para a contratación, en réxime laboral temporal, de seis auxiliares da Policía Local.

Titulación esixida: educación secundaria obligatoria, graduado escolar ou equivalente.

Requisito, entre outros: Ter unha estatura mínima de 1’65 metros os homes, e 1’60 as mulleres.

Sistema de provisión: oposición libre, inclue probas físicas.

Dereitos de exame: 18 euros.

As citadas solicitudes presentaranse no citado Rexistro xeral do Concello en horas de oficina durante o prazo de dez días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, xa que logo este prazo remata o 25 de abril de 2014.

Bases tamén publicadas na web do Concello de Carballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario