7/12/13

CONCELLO DE A TEIXEIRA. Aux. de axuda no fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 280 do 7 de decembro de 2013, o Concello de A Teixeira publica as bases para a contratación laboral temporal dun auxiliar de axuda no fogar.

Prazo de presentación das solicitudes: nos sete días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, no Rexistro Xeral do concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres. Se o sétimo día fose festivo ou sábado, o prazo finalizaría o seguinte hábil.

Este prazo remata o luns, 16 de decembro de 2013.

Máis información nas bases da convocatoria que poderán ser consultadas no Concello da Teixeira en horario de oficina.

CONCELLO DE A TEIXEIRA
Casa do Concello Estrada Ivedo-Valilongo, 19.
32765 A Teixeira
Tel. : 988-207400
Fax : 988-207445

No hay comentarios:

Publicar un comentario