30/8/13

CONCELLO DE SADA. TÉCNICO DE ORIENTACIÓN LABORAL.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 165 do 30 de agosto de 2013 o Concello de Sada publica as bases da convocatoria para a contratación laboral temporal dun posto de Persoal Técnico de Orientación Laboral.

Sistema de acceso: concurso-oposición.

Titulación esixida: Estar en posesión do título de diplomatura universitaria, grao universitario ou superior.

Taxas por participar: 20 euros.

As instancias de participación, dirixidas ao señor Alcalde de Sada, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de oficina, durante o prazo de 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Prazo que remata o xoves 5 de setembro de 2013.

Importante: A persoa seleccionada terá supeditada a súa contratación á concesión da subvención por parte da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e prestará os seus servizos no Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Sada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario