29/8/13

CONCELLO DE SOUTOMAIOR. AUXILIAR POLICIA LOCAL.

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 165 do 29 de agosto de 2013 o Concello de Soutomaior publica as bases da convocatoria para a selección de un Auxiliar de Policía Local en réxime laboral temporal por acumulación de tarefas.

Procedemento de selección: oposición.

Duración do contrato: catro meses.

Titulación esixida: Educación Secundaria Obligatoria, Graduado Escolar ou equivalente.

Requisito, entre outros: estar en posesión do título de auxiliar de Policía da Academia de Seguridade Galega ou deberán presentar o compromiso de obtención do mesmo con anterioridade á sinatura do contrato.

Dereitos de exame: 22,35 euros.

O prazo de presentación de instancias é de dez días naturais contados dende o seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, polo que este prazo remata o 9 de setembro de 2013.


Nota: Na nosa opinión o importe dos dereitos de exame é esaxerado polo tipo de contrato que se vai realizar, xa que falamos dun contrato dunha duración de tan só catro meses e dunha categoría profesional que require unha titulación como a ESO. 

Consideramos oportuno facer unha crítica ao Concello de Soutomaior por poñer neste caso concreto unhas taxas tan elevadas, que parecen máis un afán recaudador que unha compensación de gastos polos posibles custos do proceso selectivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario