23/10/12

XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

No Diario Oficial de Galicia núm. 202 do 2 de outubro de 2012 publícase o Anuncio do 2 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións no corpo de profesores de ensino secundario:

-Especialidade de análise e química industrial;
-Profesores técnicos de formación profesional, especialidades de laboratorio,
-Servizos á comunidade e soldadura;
-Profesores de música e artes escénicas, nas especialidades de contrabaixo, gaita galega e viola,
-E Profesores de artes plásticas e deseño, especialidade de materiais e tecnoloxía: deseño.

O prazo para presentar a instancia de solicitude, así como a documentación xustificativa dos requisitos mínimos exixidos e dos méritos alegados para a súa baremación, será de dez días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, polo que este prazo remata o 2 de novembro de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario