26/10/12

XUNTA DE GALICIA. CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

No Diario Oficial de Galicia núm. 205 do 26 de outubro de 2012 publícase o Anuncio do 10 de outubro de 2012, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, polo que se comunica a apertura do prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia na especialidade de Expresión Corporal.

Requisitos dos candidatos:

a) Estar en posesión do título superior en Arte Dramática, especialidade Interpretación (opción Itinerario Corporal).

b) Ter superado o curso Celga 4 de lingua galega ou validación equivalente.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 5 de novembro de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario