19/10/12

CONCELLO DE PONTEVEDRA

O Concello de Pontevedra abre o prazo para inscribirse na formación dunha lista de reserva para a provisión interina de prazas de traballador/a social, da escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos medios, encadrada no grupo A, subgrupo A-2.

As bases reguladoras destas listas están publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 16 de outubro de 2012.

Titulación esixida: Estar en posesión do título de diplomado/a en traballo social, ou estar en condicións de obtelo na data de terminación do prazo de presentación de instancias.

Requisito, entre outros: Estar en posesión do permiso de conducir da clase B.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 10 días naturais, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria xunto coas presentes bases no Boletín Oficial da Provincia, prazo que remata o 26 de outubro de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario