8/5/12

CONCELLO DE TOÉN

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 104 do 8 de maio de 2012 publícanse diversos anuncios do Concello de Toén nos que se aproban as bases de distintas contratacións temporais:

1 auxiliar de axuda no fogar; duración do contrato: do 25 de xuño ó 30 de setembro de 2012.
Titulación esixida: formación profesional de grao medio de atención sociosanitaria ou equivalente ou certificación de profesionalidade de atención sociosanitaria a persoas no domicilio ou equivalente.

1 operario de servicios varios - oficial de albanelería; duración do contrato 6 meses

3 peóns forestais; duración do contrato 3 meses

Prazo de presentación de instancias: 6 días hábiles, contados dende a publicación destas bases específicas no BOP, no Rexistro do Concello de Toén, rúa Ribadela, 1, Toén, en horario de 8.30 h a 14.30 h, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Este prazo remata o 15 de maio de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario