9/5/12

CONCELLO DE PONTEDEUME

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 87 do 9 de maio de 2012 publícase a convocatoria e bases de selección para a contratación laboral temporal de catro prazas de auxiliar de policía local para o Concello de Pontedeume.

Requisitos, entre outros:

- Estar en posesión de ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente

- Ter unha altura mínima de 1,65 m os homes e 1,60 m as mulleres.

O sistema de selección constará de probas físicas, dun examen tipo test de 50 preguntas e dunha proba específica sobre coñecemento do termo municipal e da toponimia local, e que as bases non aclaran de que tipo será esta última proba.

As persoas que desexen tomar parte na presente contratación, deberán presentar as súas solicitudes, segundo modelo oficial, nas Oficinas Municipais no prazo de cinco días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletin Oficial da Provincia, nun dos diarios de maior tirada de Galicia e no Taboleiro de  anuncios do Concello de Pontedeume.

Este prazo remata o 14 de maio de 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario