7/5/12

CONCELLO DE CERVANTES


CONVOCATORIA PARA A SELECCIÓN POR CONCURSO DE TRACTORISTA EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL

Clase de persoal: Laboral temporal, baixo a modalidade de obra ou servizo determinado, a xornada completa.  

Funcións: realización de tratamentos preventivos en vías, camiños e outras superficies forestais de titularidade municipal.

Duración: Ata o 31 de agosto de 2012.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: Cinco días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP. (Este prazo remata o 14 de maio de 2012)

Se o último día fora sábado finalizará ao luns seguinte. As solicitudes presentaránse de conformidade co establecido nas bases aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 25 de abril de 2012 e que estarán a disposición dos interesados nas oficinas do Concello, podéndose consultar, así mesmo, no taboleiro de anuncios .

Proceso de selección.: Concurso de méritos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario