16/5/12

CONCELLO DE MORAÑA

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 94 do 16 de maio de 2012 publícanse as bases para a contratación laboral de 1 praza de persoal laboral temporal para o Concello de Moraña.

1 praza de peón para mantemento e vixiancia da piscina, incluída no cadro de persoal laboral eventual de 2012, polo período do 15-06- 2012 ao 14-09-2012.

Sistema de selección: concurso de méritos

Os interesados presentarán as solicitudes dirixidas á Alcaldesa-Presidenta, no Rexistro Xeral do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de 8 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, prazo que remata o 24 de maio de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario