7/1/16

CONCELLO DE BAIONA. Arquitecto Técnico

No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 1 do 4 de xaneiro de 2016, o Concello de Baiona publicou as bases da convocatoria para a selección dun funcionario interino do posto de arquitecto técnico para a execución do programa da Área de rexeneración e Renovación urbana.

Titulación exixida: Arquitectura técnica ou equivalente.

Sistema selectivo: concurso-oposición.

Taxas: 18 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días naturais contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio, xa que logo o último día é o luns 11 de xaneiro de 2016.

As persoas interesadas poden descargar as bases completas neste vínculo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario