18/12/15

CONCELLO DE MANZANEDA. Axente TIC.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 290 do 18 de decembro de 2015, o Concello de Manzaneda publica as Bases que rexerán a selección dun axente TIC (a media xornada) para a oficina deste concello para o exercicio 2016.

Titulación exixida: FP de grao superior, rama informática ou equivalente.

Sistema de selección: concurso de méritos. Valorase a experiencia profesional, estar na situación de desemprego, cursos de formación, coñecemento da lingua galega, titulacións académicas, superacións de exames, coñecemento do Concello de Manzaneda e ter participado en misións de Protección Civil do Concello de Manzaneda

O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, polo que este prazo remata o 24 de decembro de 2015.

As persoas interesada poden acceder ás bases completas.

ATENCIÓN: a valoración de ter participado en misións de Protección Civil do Concello de Manzaneda pode ser causa de impugnación desta convocatoria, xa que no existe relación xustifica en valorar ese mérito co traballo que debe desenvolver un Axente TIC.

No hay comentarios:

Publicar un comentario