19/12/15

CONCELLO DE ARTEIXO. Arquitecto Técnico.

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 242 do 18 de decembro de 2015, o Concello de Arteixo publicou o Anuncio do proceso de selección dunha praza de arquitecto técnico-aparellador (funcionario interino)

Titulación exixida: Diplomatura en Arquitectura técnica, Aparellador ou titulación equivalente (Grao de Enxeñería da Edificación).


Sistema selectivo: oposición. Consistirá nun exame teórico, nun suposto práctico e nunha proba oral de lingua galega.

As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo, empezarán a contar, no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria nun diario dos de maior tirada provincial.

As persoas interesada poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario