7/11/15

CONCELLO DE BETANZOS. Orientación Laboral

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 213 do 6 de novembro de 2015, o Concello de Betanzos publicou as Bases da convocatoria para a contratación laboral temporal dun posto de técnico de orientación laboral.

Titulación exixida: Diplomatura universitaria, grao universitario ou superior.

Sistema selectivo: concurso-oposición. Na fase de concurso valorase a titulación académica, a formación complementaria, a experiencia profesional e coñecementos de idioma galego e de informática.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Polo que este prazo remata o 12 de novembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario