8/11/15

CONCELLO DE VIVEIRO. Varios postos.

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 225 do 6 de novembro de 2015, o Concello de Viveiro publicou as seguintes convocatorias de procesos selectivos de persoal laboral temporal:

Convocatoria para a selección dos seguintes portos de traballo para prestar servicios na piscina municipal:

1 Técnico de Xestión.
1 Operario de Mantemento.
1 Operario de Mantemento. ½ xornada (fines de semana)
1 Monitor de Sala - Socorrista.
1 Monitor de Sala- Socorrista ½ xornada
1 Socorrista.
1 Monitor Deportivo.
1 Monitor Deportivo ½ xornada
2 Auxiliar de Recepción.
1 Auxiliar de Recepción. ¼ xornada
2 Operario de Limpeza I. 70% xornada.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas neste vinculo.

Convocatoria para a selección de persoal para os seguintes postos de traballo mediante contrato de remuda:

1 Operario de protección civil 75% xornada
1 Peón do servizo de obras 75% xornada

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas neste vínculo.

O sistema de seleccion para estas convocatorias é o de concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes para ambas convocatorias: 10 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o luns 16 de novembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario