20/10/15

CONCELLO DE CASTRO CALDELAS. Aux. Axuda no Fogar.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm.241 do 20 de outubro de 2015, o Concello de Castro Caldelas publica a convocatoria para a contratación laboral temporal dun traballador como auxiliar de axuda no fogar.

Sistema de selección: concurso de méritos. Valorase a experiencia profesional; cursos de formación impartidos por Administración ou Organismo correspondente; estar en posesión do título de Técnico en Atención a Persoas con Dependencia ou equivalente; coñecemento da lingua galega; permiso de conducir e estar empadronado no Concello de Castro Caldelas.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o 26 de outubro de 2015.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario