19/10/15

CONCELLO DE PARADELA. Aux. Administrativo

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 239 do 19 de outubro de 2015, o Concello de Paradela publica as bases e a convocatoria do proceso de acceso a unha praza de Escala: Administración Xeral; Subescala: Auxiliar administrativo, grupo C2, con carácter interino.

Titulación exixida: Grao en educación secundaria obrigatoria (Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), grao en educación secundaria (Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo), graduado escolar ou técnico auxiliar (Lei 14/1970, do 4 de agosto, xeral de educación e financiamento da reforma educativa) ou bacharelato elemental (plan 1957).

Sistema selectivo: oposición. (Test de 50 preguntas, un exercicio práctico tipo test de 20 preguntas e proba de galego quen non teña o Celga 3)


O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do estrato desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 9 de novembro de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario