29/7/15

CONCELLO DE ARANGA. Separación Residuos e Peóns.

O Concello de Aranga aprobou as bases da convocatoria para a contatación laboral temporal dun axente que leve a cabo un programa domiciliario de concienciación da importancia da separación dos residuos domésticos en Aranga.

Sistema de selección: concurso de méritos. Valorase a experiencia profesional, o coñecemento do termo municipal, a titulación académica, formación relacionada co posto de traballo e cursos de idioma galego.

Requisito, entre outros: Dispoñer de vehículo propio e estar en posesión do carnet de conducir B1.

Duración do contrato: 1 mes.

As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

Por outra banda tamén aprobou as bases da convocatoria para a elaboración dunha lista de aspirantes para a provisión, mediante contratación laboral temporal, de peóns, a efectos de cubrir necesidades temporais deste persoal.

Sistema de selección: concurso de méritos. Valorase a experiencia profesional, o coñecemento do termo municipal, formación relacionada co posto de traballo, cursos de idioma galego e posesión do permiso de conducir B1

 As persoas interesadas poden acceder ás bases completas.

O prazo de presentación de instancias para ambas convocatorias remata o 5 de agosto de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario