30/7/15

CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS. Técnico de Igualdade

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña num. 143 do 30 de xullo de 2015, o Concello de Malpica de Bergantiños publica a convocatoria do proceso de selección dunha persoa para o posto de técnico de igualdade na modalidade contractual de servizo ou obra determinado, a tempo completo, e creación de bolsa de emprego para cobertura temporal de prazas similares.

Titulación esixida: Diplomatura ou grao en traballo social, licenciatura ou grado en ciencias políticas, ou socioloxía, ou psicoloxía ou psicopedagoxía.

Sistema de selección: concurso-oposición. Na fase de concurso valorase a experiencia profesional e os cursos relacionados co posto.

Dereitos de exame: 15 euros. 

O prazo de presentación de instancias é de 10 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia. Xa que logo, este prazo remata o 11 de agosto de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario