6/6/15

CONCELLO DE ESGOS. Varios postos.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 127 do 5 de xuño de 2015, o Concello de Esgos publica as bases para a contratación laboral temporal dos seguintes postos de traballo:

3 Peóns Forestais
1 Lector de contadores de auga
1 Auxiliar de axuda a domicilio
2 Socorristas
2 Vendedores de entradas para a pisicina municipal

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que este prazo remata o mércores 10 de xuño de 2015.

As persoas interesadas teñen á súa disposición as bases completas nas dependencia municipais.

Praza da Souteira s/n,
32720 Esgos
Telf. 988290000
Fax: 988290006
correo-e: info@concelloesgos.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario