7/6/15

CONCELLO DE OS BLANCOS E CONCELLO DE SARREAUS. Socorristas.

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense núm. 127 do 5 de xuño de 2015 publícanse as seguintes convocatorias para a contratación de un posto de socorrista para a piscina municipal.

O Concello de Os Blancos contrata en réxime laboral temporal un socorrista para a piscina municipal, polo sistema de concurso-oposición.

Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles a partir da publicación do anuncio no BOP, polo que o prazo remata o 17 de xuño de 2015.

As bases completas están a disposición das persoas interesadas nas oficinas do Concello de Os Blancos

Rúa José Luis Baltar, 19
Telefono: 988 467 567
Fax: 988 467 689
correo-e: concello.osblancos@eidolocal.es


O Concello de Sarreaus contrata en réxime laboral temporal un socorrista das piscinas municipais.

Sistema de selección: concurso de méritos.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días naturais a partir da publicación do anuncio no BOP, neste caso o prazo remata o mércores 10 de xuño de 2015.

O texto íntegro da bases está publicado no taboleiro do Concello de Sarreaus.

Pza. do Toural, 1
Teléfono: 988 454 002
Fax: 988 454 372
correo-e: concello@concellosarreaus.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario