6/5/15

CONCELLO DE VIMIANZO. Normalización Lingüistica

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 83 do 6 de maio de 2015, o Concello de Vimianzo publica o seguinte anuncio:

"Por Resolución núm. 550/2015 da Alcaldía, de data 27 de abril de 2015, aprobáronse as bases de selección dun/ha técnico/a normalización lingüística, na modalidade de contratación laboral temporal.

O prazo de presentación de instancias é de oito días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

As persoas interesadas poderán consultar as bases no taboleiro de anuncios da casa consistorial e na páxina web do concello de Vimianzo (www.vimianzo.gal)."

Titulación esixida: Licenciatura en Filoloxía Galego-Portuguesa, Filoloxía Galega ou Filoloxía Hispánica (sección galego-portugués), grao en Lingua e Literatura Galegas, ou outras titulacións grao/licenciatura sempre que estean en posesión do certificado de lingua galega do nivel 5 (Celga 5). 

Sistema de selección: concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de maio de 2015.

As persoas interesadas poden descargarse as bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario