5/5/15

CONCELLO DE RABADE. Peón limpeza

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 100 do 5 de maio de 2015, o Concello de Rábade publica o seguinte anuncio:

"Aprobadas as bases para a selección dun peón para o servizo de limpeza e mantemento de xardíns e vías públicas no Concello de Rábade (a tempo parcial por un período de oito meses) convocase a todas aquelas persoas interesadas en participar a que presenten instancia no Rexistro de entrada do Concello no prazo de 5 días naturais a contar dende o día seguinte ao de publicación deste anuncio. 

As Bases de selección estarán expostas ao público no taboleiro de anuncios do Concello e na páxina web municipal www.rabade.org."

Requisito, entre outros: Estar en posesión do carné de manipulador de produtos fitosanitarios

Sistema de acceso: concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes remata o luns 11 de maio de 2015.

As persoas interesadas acceder ás bases completas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario