13/5/15

CONCELLO DE PONTEDEUME E CONCELLO DE BUEU. Aux. Policia Local

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 87 do 12 de maio de 2015 o Concello de Pontedeume publicou as bases para a contratación laboral temporal de catro postos de Auxiliar de Policia Local.

Titulación esixida:  estar en posesión de ter superada a educación secundaria obrigatoria, título de graduado escolar ou equivalente.

Requisito, entre outros: Ter unha altura mínima de 1,65 m os homes e 1,60 m as mulleres.

Sistema de selección: oposición (probas físicas, exame tipo test, proba de coñecementos da toponimia local e proba de coñecemento de galego)

Prazo de presentación de solicitudes: 7 días naturais, contados dende o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletin Oficial da Provincia, polo que este prazo remata o 19 de maio de 2015.

Por outra banda o Concello de Bueu publica no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra núm. 89 do 13 de maio de 2015 a convocatoria de contratación laboral temporal de 6 Auxiliares de Policia Local.

O prazo de presentación de solicitudes é de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Este prazo remata o 19 de maio de 2015.

As bases deste proceso selectivo están a disposición das persoas interesadas nas oficinas do Concello de Bueu, ademais están pendentes de ser publicadas na web do Concello.

Concello de Bueu.
Eduardo Vincenti, 8 
Teléfono: 986 39 00 29

No hay comentarios:

Publicar un comentario