30/5/15

CONCELLO DE MONDOÑEDO. Administrativo e Aux. Axuda no Fogar

No Boletín Oficial da Provincia de Lugo núm. 121 do 29 de maio de 2015, o Concello de Mondoñedo publica as seguintes convocatorias de selección de persoal:

Bases reguladoras do proceso de selección para o nomeamento dunha persoa como funcionaria interina para o posto de Administrativo adscrito á Secretaría-Intervención.

Titulación esixida:  Bachiller, Técnico ou equivalente.

Sistema de selección: concurso de méritos. Valoración: experiencia profesional, formación académica complementaria e accións formativas.


Proceso de selección laboral para a contratación temporal de tres persoas para a categoría de Auxiliar de Axuda no Fogar.

Requisito, entre outros: permiso de conducir B e dispor de vehículo para desprazarse.

Para este proceso selectivo as bases poden consultarse nas Dependencias Municipais de luns a venres de 9 a 14 horas durante o prazo de presentación de instancias.

O prazo de presentación de instancias para ambas convocatoria é de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. Polo tanto este prazo remata o 8 de xuño de 2015.

Concello de Mondoñedo
Plaza do Concello N°1 – 27740
Teléfono: 982 524 003
E-mail: concellodemondonedo@yahoo.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario