29/5/15

CONCELLO DE SADA. Socorristas.


No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña núm. 100 do 29 de maio de 2015, o Concello de Sada publica as bases da convocatoria de proceso selectivo para a contratación laboral temporal de cinco socorristas.
 
Titulación esixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente.

Requisito, entre outros:  Estar en posesión da habilitación profesional de Galicia para o exercicio profesional do Socorrismo acuático en espazos naturais, que se deberá acreditar mediante documento oficial expedido polo organismo competente.

Sistema de acceso: concurso-oposición. A fase de oposición consta de probas físicas e exame de idioma galego.

Taxas: 10 euros.

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles a partir do seguinte ao de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia da Coruña. Este prazo remata o xoves 4 de xuño de 2015.

No hay comentarios:

Publicar un comentario